26M: Lixeiro aumento da participación nas eleccións municipais

Pontevedra
26 de maio 2019
Actualizado: 18:28

Os datos de participación que, a través dous avances ao longo do día, desvelou o Ministerio do Interior sinalan que o 47,55% dos cidadáns de Pontevedra que xa votaron fixérono antes das seis da tarde. Este rexistro é lixeiramente superior ao que se produciu nas últimas municipais de 2015

Pontevedreses votando nas eleccións municipais do 26M Diego Torrado

Os pontevedreses madrugaron algo máis que hai catro anos para exercer o seu dereito ao voto nestas eleccións municipais do 26 de maio. Iso si, non demasiado.

Os datos de participación que, a través dun primeiro avance, desvelou o Ministerio do Interior sinalan que o 33,10% dos cidadáns de Pontevedra que xa votaron fixérono antes das dúas da tarde.

Este rexistro é lixeiramente superior ao que se produciu nas últimas municipais de 2015. A esas alturas da xornada, votaran o 32,59% do censo. O aumento, por tanto, alcanzaba un 0,51%.

O segundo avance de participación, que se coñeceu ás seis da tarde, eleva ese incremento ata o 1,39%. Case a metade dos pontevedreses pasaron polas urnas ata ese momento, o 47,55% do total.

Na cidade de Pontevedra teñen dereito ao voto un total de 66.927 persoas que, desde as nove da mañá, poden depositar as súas papeletas nas 106 mesas electorais que se habilitaron en todo o municipio.

Con respecto ás eleccións europeas, que tamén se celebran este 26M, a participación é notablemente superior que nos anteriores comicios, que tiveron lugar hai cinco anos.

Así, o 47,21% dos pontevedreses xa votaron para elixir os seus representantes no Parlamento europeo. Son trece puntos máis que nas europeas de 2014, cando ás seis da tarde tan só votara o 34,34% do censo.

Arquivado en