26M: Goyo Revenga ve "muy importante" votar e cre que recibirá un apoio "masivo"

Pontevedra
26 de maio 2019

Ás doce do mediodía votaba o candidato de Cidadáns á Alcaldía de Pontevedra. Facíao nun dos colexios máis céntricos, o de Campolongo, onde Goyo Revenga sinalou que é "moi importante" que os pontevedreses voten nas eleccións municipais e europeas deste domingo

Goyo Revenga votando nas eleccións municipais do 26M Diego Torrado

Ás doce do mediodía votaba o candidato de Cidadáns á Alcaldía de Pontevedra. Facíao nun dos colexios máis céntricos, o de Campolongo, onde Goyo Revenga sinalou que é "moi importante" que os pontevedreses voten nas eleccións municipais e europeas deste domingo.

Para exercer o seu dereito ao voto, Revenga estivo arroupado pola súa número 2, María Rey, e por membros da súa candidatura.

Ante os medios de comunicación, o candidato de Cidadáns sinalou que é un "orgullo" volver votar, algo que segundo lembrou é un "deber" e unha "obligación" de todos os españois e máis cando se trata da "fiesta de la democracia más directa", a dos concellos.

Tras lembrar tamén a importancia de votar nos comicios europeos porque Bruxelas "nos marca el rumbo", Goyo Revenga mostrou a súa confianza en que haxa "mucha participación" e que os cidadáns "expresen su opinión en las urnas".

Por parte do seu partido, destacou, fixeron unha campaña "limpia y sensata" e considera que obterán un "apoyo masivo" por parte dos pontevedreses.

Revenga, despois de percorrer varios colexios electorais, explicou que comerá en compañía da súa familia e posteriormente encargarase de "labores de casa que hay que compartir". Todo iso ata que chegue a hora e os "nervios" de esperar polo reconto.

Arquivado en