26 persoas sumáronse en agosto ás listas do paro na cidade de Pontevedra

Pontevedra
04 de setembro 2017
Actualizado: 14:10

O número de parados rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) baixou en agosto en 829 persoas en relación co mes anterior na provincia de Pontevedra. Así, a cifra total de parados rexistrados na provincia sitúase en 70.821 persoas. Este dato supón un descenso de 6.237 desempregados menos respecto ao ano anterior (-8,09%)

Dous socorristas PontevedraViva

Un total de 26 persoas se sumaron en agosto ás listas do paro no municipio de Pontevedra. 

Este dato sitúa o número total de persoas desempregadas na cidade do Lérez en 5.886.

    Agosto     Xullo       Variación
Pontevedra5.8865.86026
Barro268281-13
Bueu7247222
Caldas de Reis74475410
Cambados92295634
Campo Lameiro134140-6
Cerdedo-Cotobade348370-22
Cuntis328331-3
O Grove474592-118
A Illa de Arousa272275-3
A Lama1781762
Marín1.6661.65610
Meaño33928554
Meis344336-2
Moraña3773752
Poio1.0301.00723
Ponte Caldelas5185162
Portas194197-3
Ribadumia280302-22
Sanxenxo722727-5
Vilaboa4194256
Vilagarcía de Arousa3.4153.610-195
Vilanova de Arousa      749796-47

 

Na comunidade, o o desemprego diminuíu no último mes en 7.794 persoas, das que 3.004 conseguiron emprego en Pontevedra, a cifra máis alta, seguida dos 2.796 da Coruña. A nivel estatal, foi a segunda provincia con máis baixada, só superada por Cádiz, con 3.375. 

O número de parados rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) baixou en agosto en 829 persoas en relación co mes anterior na provincia de Pontevedra.

Así, a cifra total de parados rexistrados na provincia sitúase en 70.821 persoas. Este dato supón un descenso de 6.237 desempregados menos respecto ao ano anterior (-8,09%).

Un dato moi significativo é que do total de persoas desempregadas na provincia 40.846 son mulleres e 29.975 homes.

SOBE O PARO EN ESPAÑA

A nivel nacional, agosto rompeu a serie de seis meses consecutivos á baixa ao sumar 46.400  desempregados máis. A cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.382.324 persoas, o seu nivel máis baixo do últimos oito anos, segundo informou este luns o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. 

Outro dato destacado é que a Seguridade Social perdeu en agosto unha media de 179.485 afiliados (-0,97%) respecto ao mes anterior, o que situou o número de ocupados en 18.309.844 cotizantes en toda España, segundo informou este luns o ministerio.

Galicia, con todo, foi unha das sete comunidades nas que se reduciu o número de persoas paradas o pasado mes, en concreto 746 menos que en xullo. 

Arquivado en