25N | Moraña esixe "unión, suma de forzas e implicación" para erradicar a violencia machista

Umia
24 de novembro 2023

Os actos reivindicativos do 25N tamén incluiron a solta de globos biodegradables a cargo dos alumnos do CPI Plurilingüe Santa Lucía e, xa pola noite, a emisión de reportaxes sobre esta lacra social con testemuños locais de mulleres, nenas e nenos

Lectura do Manifesto polo 25N Concello de Moraña

"Debemos unirnos todos, sumar forzas e implicarnos activamente para erradicar de inmediato a violencia machista, a violencia contra as mulleres". Con estas palabras, o Concello de Moraña celebrou este venres o seu acto central con motivo do 25N reclamando a erradicación da violencia machista a través da lectura dunha declaración institucional a cargo da concelleira María José García.

A administración local organizou unha concentración na Praza do Concello, presidida polo alcalde Sito Gómez.

Os actos reivindicativos do 25N tamén incluiron a solta de globos biodegradables a cargo dos alumnos do CPI Plurilingüe Santa Lucía e, xa pola noite, a emisión de reportaxes sobre esta lacra social con testemuños locais de mulleres, nenas e nenos.

A programación rematará o vindeiro sábado, 2 de decembro, coa representación da obra teatral "Feminíssimas" a cargo da compañía De Ste Xeito a partires das 21.00 horas no auditorio do Edificio Multiusos.