234 persoas superaron o coronavirus nas últimas 24 horas

Pontevedra
14 de agosto 2021

O Servizo Galego de Saúde notifica este sábado 1.640 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 169 casos menos que onte venres mentres que se confirmaron 63 novos casos por probas diagnósticas de infección activa

Datos da Área Sanitaria de Pontevedra - O Salnés este 14 de agosto Xunta de Galicia

O Servizo Galego de Saúde notifica este sábado 1.640 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 169 casos menos que onte venres mentres que se confirmaron 63 novos casos por probas diagnósticas de infección activa.

O número de pacientes hospitalizados é de 24 persoas atendidas na área sanitaria. Delas 22 están no Hospital Montecelo, 1 no Quirón Saúde Miguel Domínguez e 1 no Hospital do Salnés. Sete deles están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).

O resto das persoas que contraeron o virus, 1.609 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía leve ou asintomáticos.

Desde o inicio da pandemia 18.653 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse 234 persoas.

Non se produciron falecementos durante as últimas horas nesta zona sanitaria, de maneira que continúan sendo 193 os pacientes falecidos desde que se notifican as mortes con motivo da pandemia.

En canto á realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 487 o que eleva o total na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ás 285.966.

A estas probas súmanse as 119.166 probas de antígenos e outras 105.576 probas de detección realizadas ata a data.

Para este sábado están convocadas 284 persoas con idades entre 20 e 29 anos no Recinto feiral de Pontevedra para recibir a primeira dose de Pfizer e outras 150 para as segundas doses de repesca. 

No recinto vilagarcián de Fexdega están citadas 1.140 persoas con idades entre 20 e 29 anos para recibir a primeira dose de Pfizer e outras 70 para as segundas doses de repesca. 

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.675 deles 4.459 son da área da Coruña, 1.533 da de Lugo, 964 da de Ourense, 1.640 da de Pontevedra, 3.649 da área de Vigo, 1.485 da de Santiago e 945 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 252 en unidades de hospitalización e 14.366 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 152.637 persoas curadas, rexistrándose 2.512 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.655.616. 

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.764.249.