21 Outubro: para o PP non é un Domingo calquera

Pontevedra
21 de outubro 2012

Pola tarde acudirán as sedes pero na mañá os populares seguen a tradicional cerimonia, o primeiro e ir a votar, saudar a todos os interventgores e apoderados nos distintos colexios electorais e por suposto animar a participación nesta "festa da democracia".

A Ministra de Fomento, Ana Pastor, facendo cola para poder votar PontevedraViva

Será por aquilo de ⿿a quen madruga Deus axuda⿿ que o presidente local do Partido Popular, Telmo Martín, foi dos primeiros en achegarse a votar. Acompañado da súa muller, Loli, comentaba preocupado o pouco ambiente que había en relación a comicios anteriores.

Foi un visto e non visto porque Telmo ía con presa, quedara en recoller a Alfonso Rueda para acompañarlle no percorrido polos colexios electorais.

O secretario xeral do PP e conselleiro de Presidencia exerceu o voto no Estadio dá Xuventude. Fíxoo acompañado polas súas fillas. Como marca o protocolo, Rueda tamén animou aos galegos a "participar para decidir o futuro de Galicia" e sinalou que "a todos os partidos políticos interésanos unha alta participación".

De esguello, Alfonso Rueda miraba con certa envexa aos corredores da media maratón que cruzaban neses momentos "si hoxe non chega a ser día de eleccións estaría correndo agora mesmo, como xa estiven en Vigo o outro día e como espero estar en Santiago a semana que vén", admitiu con certa resignación.

Rueda, Telmo e unha nutrida comitiva popular acompañou á unha da tarde á Ministra de Fomento, Ana Pastor. Máis dunha hora levaba esperando por ela o seu marido, Jose Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria de Marín.

Tras unha mañá aburrida, o colexio electoral de Campolongo era un fervideiro de xente a esa hora ao coincidir coa saída de misa. Polo tanto á ministra tocoulle facer cola⿦ primeiro, na cabina. Si, a Ministra pechouse trala cortina cal se fose o probador de Zara. Á saída chanceaba con PontevedraViva "nunca traigo el voto preparado de casa, ¿y si cambio de opinión en el último momento?", dijo Pastor.

Exercido o seu dereito ao sufraxio, e logo de saudar e bicar a media parroquia, Ana Pastor animaba a todos os galegos ⿿a que salgan de sus casas y se aproximen a las urnas⿝ xa que ⿿hoy es el dia en el que los ciudadanos podemos determinar cual es nuestro futuro aquí en Galicia⿝, concluiu.

Pola tarde, a mandataria do PP trasladarase a Santiago de Compostela, "me voy con el presidente Núñez Feijóo para acompañarle en el seguimiento de la jornada", explicó.

O portavoz municipal do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, sumou aos argumentos xa apuntados que "hoxe fai un magnífico día soleado, propicio para saír a votar". Pola tarde, Deus dirá, pero MeteoGalicia apunta que vai chover.

Arquivado en