2022 comeza con 6.075 casos activos con covid e 47 pacientes ingresados na área sanitaria

Pontevedra
01 de xaneiro 2022

Son dous pacientes máis que na xornada do venres 31. Rexistráronse catro hospitalizacións máis e un descenso de dúas persoas na UCI, despois de que nas últimas horas falecera unha muller de 95 anos diagnosticada por coronavirus no Hospital Montecelo. Galicia rexistra 5.252 positivos novos de covid-19 nas últimas 24 horas neste inicio de ano. Son 610 contaxios menos que os notificados durante o venres, pero 2.152 máis que o sábado anterior

Datos covid-19 na área sanitaria este sábado 1 de xaneiro de 2022 Consellería de Sanidade

O aninovo iníciase con 47 pacientes ingresados na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, dous máis que o día 31 de decembro. 38 persoas atópanse en planta de hospitalización, catro máis que na xornada do venres. Permanecen repartidas da seguinte forma: 27 no Hospital Montecelo (+4), cinco no Hospital do Salnés e 6 no Hospital Quirón Salud. A esta cifra hai que sumar 9 pacientes covid (-2) que se atopan na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.

Nas últimas horas falecía unha muller de 95 anos, diagnosticada por coronavirus, no Hospital Montecelo elevando a 229 o número de falecementos na zona. Contaba con outras enfermidades previas. Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 23.974 pacientes, 153 máis que na xornada de onte. O número de persoas contaxiadas desde que comezaron a detectarse casos na área sanitaria ascende a 30.277 persoas.

Neste sábado, 6.075 pacientes contan con infección activa nos distritos de Pontevedra e O Salnés, 494 máis que os notificados na xornada do venres, con 6.028 persoas recuperándose nos seus domicilios da enfermidade. No municipio de Pontevedra a cifra sitúase en 2.251 pacientes, 130 máis que o venres.

Nas últimas horas realizáronse 1.556 probas PCR coa detección de 618 novos casos, segundo os datos facilitados polo Sergas.

CONTINÚA O AUMENTO DE CASOS EN GALICIA

En canto aos datos xerais da comunidade, Galicia rexistra 5.252 positivos novos por covid-19 nas últimas 24 horas neste inicio de 2022. Trátase dunha cifra menor que a rexistrada o venres, ao tratarse de 610  contagios diarios menos, pero son 2.152 máis que os detectados o sábado anterior.

O número total de casos activos ascende a 45.973 persoas, un total de 4.173 infeccións máis que na xornada do venres. Hai 333 pacientes ingresados, 13 máis que onte, aos que se suman outros cincuenta pacientes na UCI, os mesmos que hai 24 horas.

Por áreas sanitarias, as cifras son as seguintes este sábado: Vigo: 11.377 (+974); Santiago-O Barbanza: 8.642 (+706); A Coruña-Cee: 8.206 (+740); Pontevedra-O Salnés: 6.075 (+494); Ourense: 4.890 (+467); Lugo: 4.044 (+488) e Ferrol: 2.739 (+304).

A incidencia acumulada a 7 días atópase en 1.110 casos por cada 100.000 habitantes e a 14 días elévase a 1.600 casos por cada 100.000 habitantes.

O número de persoas falecidas en Galicia desde o inicio da pandemia atópase en 2.765 vítimas. Curáronse durante este período 201.594 pacientes, 4.173 máis que na xornada do venres.

A Consellería de Sanidade fai un chamamento para que a cidadanía utilice o número do 061 para emerxencias ou casos graves e recomenda utilizar o número 881.540.045 para consultar dúbidas ou remitir información sobre síntomas leves de coronavirus. As autoridades sanitarias inciden na necesidade de que se extreme a hixiene de mans, con lavados frecuentes especialmente despois de  toser ou de soarse; cubrirse o nariz e a boca con máscara e evitar tocar os ollos, nariz e boca coas mans para evitar a infección. Tamén recomendan a ventilación dos espazos interiores e evitar aglomeracións.