20 novos positivos detectados nas últimas 686 probas PCR realizadas na área sanitaria

Pontevedra
30 de agosto 2021

Os casos activos sitúanse en 589 infectados, 45 menos que na xornada do domingo e continúan 19 persoas ingresadas nos centros hospitalarios da zona, con cinco enfermos na unidade de Coidados Críticos de Montecelo. Nas últimas horas falecía unha muller de 90 anos con covid procedente da residencia Soremay

Datos covid-19 durante este luns 30 de agosto na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés Consellería de Sanidade

Detectáronse 20 novos casos positivos nas 686 probas realizadas durante as últimas 24 horas na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, catro máis que na xornada do domingo cando se realizaron 458, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade este luns 30 de agosto.

Estes datos reflicten que 589 persoas atópanse infectadas nesta zona, 45 menos que na xornada do domingo. Continúa, por tanto, a liña descendente de casos activos. 570 persoas enfermas recupéranse nas súas vivendas.

Aumenta, con todo, o número de persoas hospitalizadas nun caso alcanzando os 19 ingresos. Oito persoas atópanse en planta de hospitalización no Hospital Montecelo, cinco no Hospital  do Salnés e unha no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez. Na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario continúan cinco persoas en estado grave, o mesmo número que durante a xornada do domingo.

Nas últimas horas, Saúde Pública informaba doutra morte confirmada por covid-19 na área sanitaria. Trátase dunha muller de 90 anos, procedente da Residencia  Soremay. Con ela son sete as vítimas mortais rexistradas durante o últimos oito días no Hospital Montecelo.

Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 20.350 persoas, 64 máis que na xornada do domingo.

DATOS EN GALICIA

A Consellería de Sanidade ofrece nos datos deste luns un incremento en Galicia do número de persoas hospitalizadas: 255 (+10) con 54 (-1) persoas ingresadas na UCI.

O número de casos activos continúan na liña descendente na comunidade autónoma, cunha cifra de 8.275 pacientes, 332 menos que na xornada do domingo.

Por áreas sanitarias, os casos positivos son os seguintes. A Coruña-Cee: 2.178 (-93); Vigo: 1.472 (-142); Lugo: 1.457 (-5); Santiago-O Barbanza: 1.306 (-24); Ourense: 687 (+1); Pontevedra-O Salnés: 589 (-45); e Ferrol: 586 (-24).

O número de novos casos sitúase en 305 positivos, 88 menos que na xornada do domingo e 142 menos que fai sete días.

Durante as últimas horas notificáronse catro novos decesos, que elevan o número de persoas falecidas en Galicia desde o inicio da pandemia a 2.564 vítimas.