Non haberá cambios nos festivos municipais de Pontevedra para 2022. Como é habitual, a corporación aprobou que non sexan laborables nin o Mércores de Cinza nin San Bieito.
Así, en 2022, serán festivos o mércores 2 de marzo e o luns 11 de xullo.
Pontevedra recupera así os seus festivos tradicionais, despois de que en 2021 o día de San Bieito, que caía en domingo, fóra substituído puntualmente polo Luns de Pascua.
Os festivos para o próximo ano foron aprobados por unanimidade da corporación, no pleno municipal celebrado este luns no Teatro Principal.