Un mes máis, e xa van tres de forma consecutiva, o Concello de Pontevedra logra reducir as listas de desemprego. Segundo os datos da Consellería de Traballo e Benestar, o paro reduciuse en mayo en 85 persoas. Esta cifra deixa en 8.479 o número de pontevedreses que se atopan sen traballo, un 1% menos que no pasado mes de abril. Entón había 8.564 demandantes de emprego.
Do mesmo xeito que no conxunto do Estado, en Pontevedra reprodúcese a mesma tendencia. Unha das razóns deste descenso débese aos contratos temporais que se comezaron a asinar de cara á tempada estival. Destas 85 persoas, 47 atoparon emprego no sector servizos (5.487 desempregados en total). Tamén caeu o paro na construción con 23 menos (1.258) e industria con 16 menos (822).
No resto de municipios do área de influencia de Pontevedra, destaca o descenso do 11,12% que se rexistra en Sanxenxo, onde 209 persoas atoparon traballo; ou de máis do 5% en concellos como Cuntis ou Ponte Caldelas. Pola contra, Portas é o único municipio onde aumentaron os demandantes de emprego en maio.
Maio 2014 | Abril 2014 | Variación mensual | |
Pontevedra | 8.479 | 8.564 | -85 (-1%) |
Barro | 395 | 408 | -13 (-3,18%) |
Bueu | 1.164 | 1.190 | -26 (-2,18%) |
Cambados | 1.614 | 1.641 | -27 (-1,64%) |
Campo Lameiro | 230 | 231 | -1 (-0,43%) |
Caldas de Reis | 1.193 | 1.207 | -14 (-1,16%) |
Cotobade | 484 | 490 | -6 (-1,22%) |
Cuntis | 585 | 621 | -36 (-5,79%) |
O Grove | 1.227 | 1.259 | -24 (-2,54%) |
A Illa de Arousa | 443 | 451 | -8 (-1,77%) |
A Lama | 260 | 270 | -10 (-3,70%) |
Marín | 2.489 | 2.607 | -56 (-4,52%) |
Meaño | 603 | 616 | -13 (-2,11%) |
Meis | 575 | 593 | -18 (-3,03) |
Moraña | 552 | 559 | -7 (-1,25%) |
Poio | 1.675 | 1.676 | -1 (-0,06%) |
Ponte Caldelas | 749 | 789 | -40 (-5.06%) |
Portas | 329 | 324 | 5 (1,54%) |
Ribadumia | 561 | 569 | -8 (-1,40%) |
Sanxenxo | 1.669 | 1.878 | -209 (-11,12%) |
Vilagarcía de Arousa | 5.011 | 5.116 | -105 (-3,14%) |
Vilanova de Arousa | 1.172 | 1.210 | -25 (-2,02%) |
DATOS PROVINCIAIS
Un total de 2.416 pontevedreses abandonaron as listas de desemprego durante o pasado mes de maio. Segundo se recolle nos datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a provincia de Pontevedra logrou reducir as listas do paro ata as 105.274 persoas. Trátase dun 2,24% menos que no mes de abril, cando había 107.690 pontevedreses sen emprego.
A inminente campaña estival é un dos factores que explican esta redución do desemprego. De feito, o sector servizos é o que mostra un mellor comportamento. A el pertencen case a metade dos pontevedreses que atoparon traballo en maio. Foron 1.047 persoas. Tamén houbo notables descensos en construción (720) e industria (562), mentres que máis moderado foi en agricultura (36) e no colectivo sen emprego anterior (51).
En canto aos contratos, en maio asináronse 25.507 acordos laborais en Pontevedra. De todos eles, só 1.535 foron de carácter indefinido (un 6,01% do total). O resto, 23.972 foron temporais.
Con estes datos, a variación interanual recolle un descenso de 6.722 persoas nas listas de desemprego da provincia de Pontevedra, un 6% menos que en maio de 2013.