18 de febreiro de 2024, data das eleccións galegas

Pontevedra
21 de decembro 2023

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, anunciaba ao finalizar o Consello da Xunta este xoves que as eleccións autonómicas van celebrarse o domingo 18 de febreiro de 2024. A campaña electoral comezará o 2 de febreiro 

Xente votando Cristina Saiz

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, anunciaba ao finalizar o Consello da Xunta deste xoves que as eleccións autonómicas celebraranse o domingo 18 de febreiro de 2024. A campaña electoral comezará o 2 de febreiro.

A actual lexislatura finalizaba no mes de xullo e agora o Parlamento de Galicia será disolto días despois da volta das festas do Nadal. 

Rueda enfróntase ás súas primeiras eleccións como candidato do Partido Popular. Leva exercendo como presidente da Xunta desde o ano 2022 cando Alberto Núñez Feijóo abandonaba o cargo para asumir o posto como presidente do Partido Popular en España.

Fronte á candidatura dos populares atópanse a do BNG liderada pola portavoz nacional Ana Pontón e polo PSOE con José Ramón Gómez Besteiro á cabeza. Polo momento partidos como Sumar, Podemos e Vox aínda non han indicando quen será a persoa que lidere as súas candidaturas a estas eleccións ao Parlamento de Galicia.

Rueda explicou que se estudou esta marxe de convocatoria cun balance de quince días antes ou despois. "A coherencia era blindar ou futuro de Galicia aos orzamentos", que xa se atopan aprobados, manifestou durante a rolda de prensa.

O presidente da Xunta indicou que a convocatoria se realizando atendendo aos intereses de Galicia "e tamén da súa proxección a nivel nacional", neste sentido criticou a actitude de Pedro Sánchez:"vendo como se as gasta o presidente do Goberno con beneficio para uns territorios fronte a outros, estas eleccións serven para darlle potencia a Galicia fronte outras actitudes que non están tendo en conta á comunidade autonóma como debería", apuntou tras o anuncio da data dos comicios.

Arquivado en