156 persoas conseguen emprego en xullo na Boa Vila situando a cifra de desempregados en 5.077 persoas

Pontevedra
02 de agosto 2019

A caída do número de parados foi xeneralizada en toda a provincia sendo tamén significativa en municipios como Sanxenxo (166 desempregados menos), Vilagarcía (116), O Grove (111), Cambados (85), Poio (66), Marín (63), Bueu (56) ou Moraña (35)

Traballador Mónica Patxot

No mes de xullo baixou o paro en 156 persoas no municipio de Pontevedra situándo o número total de desempregados en 5.077 demandantes de emprego.

A caída do número de parados foi xeneralizada en toda a provincia sendo tamén significativa en municipios como Sanxenxo (166 desempregados menos), Vilagarcía (116), O Grove (111), Cambados (85), Poio (66), Marín (63), Bueu (56) ou Moraña (35).

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 4.328 persoas en xullo en Galicia. En relación con xuño, un 2,79%, case 20 máis que a media (-0,14%). Desta forma, o total sitúase en 150.921 desempregados.

De acordo cos datos que publica este venres o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, son 12.491 menos que os que había no mesmo mes de 2018, o que supón unha caída do 7,64% nun ano.

Na provincia de Pontevedra, o paro retrocedeu un 2,91%, con 1.772 parados menos.

No conxunto estatal, o desemprego caeu en 4.253 persoas (-0,14%), o seu menor descenso neste mes desde 2002, cando diminuíu en 1.111 persoas.

 

Arquivado en