"En la zona de la perfumería no había nada, lo único que dejaron son los probadores". Esta foi a imaxe que se encontrou o propietario da droguería Tito de Peña da rúa Castelao de Pontevedra a primeira hora do luns. Minutos antes as dúas empregadas do establecemento chamáranlle porque chegaron para abrir o local e se econtraron con que "los bombines estaban sueltos y la puerta estaba abierta". Xa nin entraron, chamaron primeiro a Policía Nacional.
Acompañadas polos axentes, as traballadores entraron e ao momento xa chegou o propietario, Enrique de la Peña. Quedouse "impactado"."Era un poco de caos. Había tres baldas de estanterías rotas, el 95% de los perfumes no estaban, por el suelo había cristales y probadores de perfumes rotos", relata.
O susto aumentou cando se achegou ao mostrador e encontrou con que os caixóns estaban abertos e a caixa rexistradora polo chan. No almacén, outro tanto do mesmo, todo estaba revolto. E o seu despacho presentaba a mesma imaxe, "no se llevaron nada, pero estaba todo desordenado y los cajones abiertos".
A pesar desa imaxe que relata, dous días despois fai un balance de que "los daños que causaron no fueron muchos", senón que a principal perda que lle ocasionou o incidente é a ausencia de perfumes e de "un par de marcas de cosméticos".
Que foron vítimas dun roubo está claro e tamén que os autores do mesmo "sabían muy bien a lo que venían", pois "la línea de cuerpo la dejaron", deixaron os probadores e mostras e leváronse "los perfumes caros, que son los que más salida tienen en el mercado. La cosmética es difícil venderla por ahí y la dejaron, pero los perfumes los colocan bien".
O propietario e as dúas empregadas de Tito de la Peña aínda están a realizar inventario para afinar o importe do botín que se levaron os ladróns, pero calculan que está entre os 100.000 e os 120.000 euros.
Están tamén á espera de de recibir un informe da empresa madrileña coa que teñen contratado o servizo de alarma, pois o establecemento ten dispositivo de seguridade, pero "la alarma no saltó. No es que saltase y la cortasen, es que no llegó a sonar". O sistema inclúe unha central e máquinas que fan fotos periódicas do establecemento, pero durante o fin de semana "no se registró nada", de modo que a hipótese que barallan é que tiveron que manipular a seguridade dalgunha forma que haberá que determina.
O caso está agora en mans da Policía Nacional. ÿ o primeiro roubo que sofre o establecemento nos 17 anos que leva aberto en Castelao e un dos de maior contía económica dos rexistrados na cidade nos últimos anos. A Policía Científica xa recolleu probas e abriuse unha investigación para determinar se se produciu na madrugada do domingo ou a do luns e como actuaron os ladróns.