115 desempregados menos na cidade de Pontevedra en decembro

Pontevedra
04 de xaneiro 2017
Actualizado: 17:52

Decembro foi un mal mes na provincia con 1.144 persoas máis nas listas do paro. Sen embargo, o Concello de Pontevedra rexistrou 115 desempregados menos que o mes anterior. Deste xeito o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixa na Boa Vila ata as 6.593 persoas

Traballadoras nunha oficina Mónica Patxot

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en decembro na cidade de Pontevedra ata alcanzar as 6.593 persoas.

En total son 115 desempregados menos que o mes anterior, de modo que a cidade do Lérez rompe a tendencia negativas dos últimos tres meses.

  Decembro 2016   Novembro 2016     Variación   
Pontevedra6.5936.708-115
Barro350356-6
Bueu8788753
Caldas de Reis91587045
Cambados1.2331.16172
Campo Lameiro1631603
Cerdedo-Cotobade43942118
Cuntis40137427
O Grove1.2231.035188
A Illa de Arousa34333211
A Lama20819810
Marín1.9651.978-13
Meaño48146912
Meis42341013
Moraña42639828
Poio1.2611.271-10
Ponte Caldelas6156069
Portas25123120
Ribadumia38335627
Sanxenxo1.4081.39018
Vilaboa48546520
Vilagarcía de Arousa3.9253.86758
Vilanova de Arousa      90387033

 

AUMENTA NAS CATRO PROVINCIAS 

Os parados aumentaron na provincia de Pontevedra en 1.144 persoas máis no mes de decembro. Isto supón un incremento dun 1,41% respecto ao mes anterior.

A provincia acumula unha disminución en 2016 en comparativa co peche de 2015. Así, Pontevedra baixa 8.623 personas (-9,48%) ata rexistrar 82.339 desempregados.

GALICIA

Galicia rexistrou o maior incremento do paro en termos absolutos do Estado en decembro ao contabilizar 2.360 persoas máis anotadas nos servizos públicos de emprego con respecto a novembro, o que sitúa a cifra total de parados en 205.914. 

A subida foi do 1,16%, mentres que na media estatal baixou un 2,29% (86.849 desempregados menos). 

En toda a comunidade galega, o paro repártese entre 94.353 homes e 111.561 mulleres. Un total de 9.391 son menores de 25 anos.

Como dato negativo salientar que baixa a duración dos novos contratos: só o 7,5% foron indefinidos.

Arquivado en