100 composteiros individuais van repartirse esta semana en Bueu

Bueu
25 de novembro 2019

Están organizadas dúas charlas informativas que van desenvolverse o martes 26 e mércores 27 ás 19.00 horas no Centro Social do Mar, nas que tamén se fará reparto dos composteiros

Entrega de composteiro en Bueu Concello de Bueu

O Concello de Bueu repartirá esta semana un centenar de composteiros individuais entre a veciñanza, cedidos pola Deputación de Pontevedra e pola  Sociedade Galega do Medio ambiente (SOGAMA). 

Ademais, están previstas dúas charlas informativas con repartición durante as sesións de composteiros durante as xornadas do martes 26 e o mércores 27 ás 19.00 horas no Centro Social do Mar. Son charlas dirixidas a persoas que xa se habían rexistrado e coas que se contactou telefonicamente.

Con estes composteiros individuais preténdese que se composte a fracción orgánica que se produce nas vivendas, reducir a entrada destes restos orgánicos biodegradables nos contedores de recollida de lixo habitual e establecer o sistema de tratamento "in situ".

Trátase dunha segunda fase, xa que se entregaron ao redor de 50 unidades a través do Plan Revitaliza da  Deputación e dous centros de compostaxe comunitaria na zona das Lagoas e na rúa Xosé María Estévez, que contan cunha gran aceptación social ata o punto de que se recolleron 26 toneladasno último ano de materia orgánica e fracción vexetal. Tamara Sotelo, concelleira de Medio Ambiente, estuda a instalación de máis composteiros comunitarios noutros espazos do municipio.