As cores poden levar o ánimo a diferentes estados. O verde pertence ao grupo de cores frías asociado co mar e a vexetación. É a cor da esperanza, a saúde, a sorte pero tamén din que é a cor da envexa e os celos. Algunhas terapias cromáticas din que os verdes afrouxan o corpo e a mente e que é útil para escorrentar as ansiedades. Ademais: loitas como a da educación pública da que fala Alicia, Gaelx; economía verde con Valentina; Rebeca fala de tulipanes e a artista Fina Miralles. Elis aos controis.