Cara a cara #620. Pilar Palomero, directora de 'Los destellos'

Cara a cara
15 de xaneiro 2025
Actualizado: 16 de xaneiro
A directora e guionista Pilar Palomero Mónica Patxot

Pilar Palomero é a directora de 'Los destellos'. Está nomeada en seis categorías dos Premios Feroz 2025: mellor película dramática, mellor dirección, mellor actriz e actor protagonistas e mellor actor e actriz de reparto.

Debutou exitosamente en longametraxes con 'Las niñas' en 2020. En 2022 presentou 'La maternal' e este é a terceira longa que dirixe.

A súa protagonista Patricia López Arnaiz obtivo o Premio á Actriz Principal no Festival de San Sebastián e está acompaña de Antonio de la Torre, Julián López e Marina Guerola, nomeada como Actriz Novel para os Goya, ademais dos nomeamentos para Mellor Guión Adaptado, Actriz Protagonista e Actor de Reparto.

'Los destellos' está baseada no relato de Eider Rodríguez 'Un corazón demasiado grande' e presenta a unha muller que acepta, a petición da súa filla, coidar do seu ex marido, enfermo terminal, e do que leva separada quince anos.

Falamos coa guionista e directora zaragozana, pouco antes da estrea da súa película no Teatro Principal de Pontevedra, enmarcada nos actos previos á gala dos Feroz que se celebrará o próximo 25 de xaneiro nesta capital.