Paisajes progresivos #17. Viaxe a Estados Unidos (3)

Paisajes progresivos
12 de xaneiro 2025
'Paisajes progresivos' recupera a sete bandas americanas PontevedraViva

Alberto Pazo fai unha nova incursión no escenario progresivo estadounidense para coñecer e lembrar bandas de gran calidade que deixaron grandes momentos musicais.

Nesta ocasión rescata a: Fireballet, integrada por Jim Como, voz, batería e percusión. Bryan Howe, Hammond, órgano de tubos, celesta e voz. Ryche Chlanda, guitarras eléctricas e acústicas, dispositivos electrónicos e voz. Frak Petto ao piano e piano eléctrico, sintetizador, cordas electrónicas, secuenciador e voz. Martyn Biling ao baixo, guitarra de 12 cordas e pedais de baixo. Publicaron o primeiro elepé en 1975, 'Night on Bald Mountain'; ao ano seguinte lanzaron o segundo e último álbum 'Two, two...'.

Ajalon ten tres integrantes, Will Henderson, voz, baixo, guitarra e frauta. Randy George ao baixo e Dan Lile á batería. Teñen publicados tres álbums,' Light at the end of the tunnel' de 1996, 'On the threshold of eternity' de 2004 e o último de 2009 titulado 'This good place'.

Ilúvatar xurdiu en 1992 e enmárcase no rock neoprogresivo. Os seus cinco integrantes iniciais eran Glenn Mc Laughlin como voz principal, percusión e pedais de baixo; Jim Rezek nos teclados, Dennis Mullins en guitarra e pedais de baixo, Mick Trimble ao baixo e Gary Chambers á voz e batería. En 1993 publicaron o primeiro disco co mesmo nome da banda, logo virían 'Children' en 1995, 'Sideshow' en 1997, 'A story two days wide' en 1999 e en 2014 'From the silence'.

Syzygy é un trío formado a finais de 2013 polo guitarrista e vocalista Tom Nelly, o baixista KD McClellan e o baterista Dan Landis. O nome SYZYGY un termo astronómico pouco coñecido que describe "unha aliñación de tres obxectos celestes".

Os neoyorkinos IZZ presentáronse en 1996 e está integrada polos irmáns Tom e John Galgano, Greg DiMiceli, Brian Coralian, Paul Bremmer, Anmarie Byrnes e Laura MeadeIn. Entre o primeiro elepé editado en 1998 'Silver of a sun' até o máis recente 'Don't panic' de 2019 hai publicados nove máis.

Dave Kerzner é o front man de In Continuum, xunto ao primeiro Matt Dorsey ao baixo, Randy McStine e Fernando Perdomo nas guitarras e Marco Minnemann á batería. Comezaron en 2018 e teñen publicados tres elepés 'Acceleration theory part one' de 2019, 'Acceleration theory part two' tamén de 2019 e dous anos despois 'In Continuum live at Progstock'.

Completa o programa Starcastle que desde 1969 tivo etapas de actividade e inactividade, así como de saídas, incorporacións e regresos entre os seus integrantes. Inicialmente eran Gary Strater, Matt Stewart, Steve Hagler, Steve Tassler e Herbert Schildt.