Paisajes progresivos. Tempo de suites (3)

Paisajes progresivos
30 de marzo 2025
Tres bandas para esta edición de 'Paisajes progresivos'
Tres bandas para esta edición de 'Paisajes progresivos' PontevedraViva

Alberto Pazo produce outra edición, a terceira, co nome de: tempo de suites.

Que significa isto?, deixemos que fale el: "temas épicos para escoitar con calma e sen présas nestes tempos acelerados, como un bálsamo benéfico".

Para esta ocasión extrae a Transatlantic, "grupo que ten á suite, ao épico, case case como a súa razón de ser".

Continúa "cun temazo tremendo de Dream Theater, outra banda proclive tamén aos épicos aínda que á súa maneira prog metalera".

E para completar "retrocedemos no tempo até 1970 para fregarnos os ollos (ou revisarnos os oídos) ante o que facía King Crimson, unha música completamente atemporal e aínda hoxe rompedora".

Non pode faltar o broche de peche: "espero que o gocedes como o fixen eu, son temas de auténtico luxo".