Desde este pasado domingo o Pontevedra CF sobe de novo ao posto de líder de Segunda RFEF.
Lugar que ocupa tras gañar o partido contra o CD Guijuelo co gol marcado por Charly.
Nesta edición de 'Fondo Norte Podcast' hai lugar para a celebración de liderado. E non só por isto, tamén por ese programa especial número 200.
Así que non deberías deixar de escoitar este capítulo con Manu Quiroga, Pablo Cacheda, Alexandre Dávila e Manu Otero.