Cara a cara #618. Eva García Sáenz de Urturi e 'La vieja familia'

Cara a cara
23 de decembro 2024
Eva García Sáenz de Urturi Sole Hafner

Unha descoñecida Eva García Sáenz de Urturi autoeditó en 2012 unha novela titulada 'La vieja familia'. Un título que na fala da xente, ou máis exactamente de lectores a lectores, pasou a ser un superventas.

Unha vez editado en papel, o seu ronsel seguía vixente dentro e fóra de España. Tras ser descatalogado, os exemplares convertéronse en obxecto de culto chegándose a vender en webs de segunda man por cifras de tres díxitos.

Á súa autora, xa recoñecida e premiada, os seus seguidores preguntábanlle con insistencia por aquela novela inicial, que xa tiña outra irmá titulada 'Los hijos de Adán' e que levaban o apelido de 'La saga dos Longevos'.

Por decisión editorial e petición do seu público, Planeta reedita eses dous títulos nunha edición coidada e revisada.

'La vieja familia' xa está á venda e en febreiro publicarase 'Los hijos de Adán'. Ademais tamén en 2025 completarase a saga co terceiro título, 'El camino del padre'.