Los diez lanzamientos 14 marzo 2025

Los diez lanzamientos
14 de marzo 2025
'Los diez lanzamientos' do 14 de marzo
'Los diez lanzamientos' do 14 de marzo PontevedraViva

Comezamos edición desde o chanzo máis alternativo coa proposta de Danzón el Gato xunto a Marina y su Melao e cos Naked Family.

Tras os dous avances que escoitamos en 'Los diez lanzamientos' xa é público o primeiro EP de Gala i Ovidio, a estas alturas xa sabes de quen falamos.

Descubrimos ao vallisoletanos Destino Rubicón, volvemos a Mondra e a bóla extra que sacaron as Shego.

Contamos tamén con colaboración entre o sempre oculto Marasmo con Beret e a revisión dun clásico do cancionero popular con Vera GRV.

E para completar, a versión definitiva coa que Melody participará en Eurovisión e un tributo desde Vigo: The Killer Barbies sacarán elepé en maio e traen de adianto 'Si me quieres o si no' unha homenaxe en toda regra a The Clash e 'Should I stay or should I go'.