Conversas na Ferrería #235. Premios Mestre Mateo

Conversas na Ferrería
12 de marzo 2025
Nani Matos, Rocío Torres máis Seve Casalderrey
Nani Matos, Rocío Torres máis Seve Casalderrey Mónica Patxot

As 'Conversas na Ferrería' volven pór a alfombra vermella. Nesta ocasión para dar o protagonismo ao audiovisual galego.

Este próximo sábado 15 de marzo, o municipio de Lalín acolle a gala da vixésimo terceira edición dos Premios Mestre Mateo. Entregaranse galardóns no ámbito de cine, televisión, comunicación, publicidade e videoclips musicais, até un total de vinte e cinco categorías.

Para repasar e comentar as candidaturas finalistas volvemos contar con Rocío Torres, que pertence profesionalmente al sector da comunicación e audiovisual.Severiano Casalderrey, crítico e programador de cine e Nani Matos, director, guionista e actor.

Parten con máis posibilidades de premios a serie 'Rapa' que é finalista en dezaoito candidaturas; a película de Sonia Méndez 'As neves' que reúne trece candidaturas; outra longametraxe como 'Honeymoon' está proposta a galardóns en dez candidaturas e a película '+Cuñados' suma oito. Outro dos proxectos que aparece en seis categorías é a serie 'Clanes'.

Ademais de achegar os seus criterios sobre todos estes proxectos do audiovisual galego, durante o faladoiro xorde tamén algún interesante debate sobre as categorías que aspiran a premios, deberían ser máis, menos?, sería idóneo diferenciar entre actrices/actores debutantes e quen xa contan cunha carreira no sector?, ou mesma categoría para un guión de documental, serie ou cine?.