Conversas na Ferrería #237. De charla entre avós e netos

Conversas na Ferrería
24 de marzo 2025
Elena, Pepe, Chus e Antón no podcast 'Conversas na Ferrería'
Elena, Pepe, Chus e Antón no podcast 'Conversas na Ferrería' Mónica Patxot

Dous alumnos de terceiro curso da ESO do Instituto Sánchez Cantón achegan a esta edición das 'Conversas na Ferrería' algo moi especial.

Preséntannos aos seus avós e uns e outros comparten unha charla sobre a relación entre netos e avós.

Antón Nogueira Rodríguez preséntanos á súa avoa, María Dolores Méndez Lariño, Chus. Pola súa banda, Elena Martínez Rodríguez preséntanos ao seu avó, José Luís Rodríguez García, Pepe.

Chus e Pepe lembran a chegada ás súas vidas destes netos, o primeiro de sete para esta avoa e a sexta, tamén de sete, para este avó.

Que aprenden uns doutros?, falan de calquera tema entre ambas as partes?, permítenlles aos netos máis que aos fillos?... son algunhas cuestións que tratan nesta charla intergeneracional.

Pechamos ademais cunhas preguntas sorpresa para ambas as partes; os avós descoñecen que respostaron os seus netos sobre eles e viceversa. Seguro que o descobren xuntos escoitando este podcast.