Cara a cara #613. Carmen Posadas con 'El misterioso caso del impostor del Titanic'

Cara a cara
05 de decembro 2024
A escritora Carmen Posadas Carolina Roca

Carmen Posadas firma ‘El misterioso caso del impostor del Titanic’. A millonaria viúva de Peñasco ten un mal presentimento o 15 de abril de 1912. Algo lle sucedeu ao seu fillo e a súa recente esposa, quen supostamente, gozaban da súa lúa de mel en París.

Aquel pálpito era certeiro, a parella embarcouse no Titanic. Dez anos despois do naufraxio aparece vivo un potentado indiano asturiano xerando sentimentos enfrontados entre a súa viúva e ou resto da súa familia.

Posadas embarca nunha das lendas que perviven ao redor do afundimento do buque británico a unha galega universal: Emilia Pardo Bazán.

Un feito histórico, unha trama ficcionada, un enigma que resolver. Personaxes reais e inventados que converxen no Madrid e a illa de Cuba das primeiras décadas do século XX.

Un escenario de principios de século que tamén mostra cambios, costumes e mitos sociais daquel momento.