O británico Anthony Phillips é un músico coñecido como membro fundador de Genesis. Nesta banda foi guitarrista ata que se marchou en 1970.
O seu recoñecemento artístico está na súa pericia con guitarras de doce cordas, algo que imprimiu un son particular a Genesis.
Alberto Pazo retoma a discoteca de Phillips e as primeiras entregas da súa serie 'Private parts and pieces'.
Son como di Pazo "marabillas acústicas de maquetas, apuntamentos e proxectos de varias épocas que nos mergullan na particular e agradable concepción musical deste gran músico"
Así que sirva o seu consello "é unha entrega relaxante para gozar con tranquilidade e acougo. Que o gocedes".