Ábrete de Orellas 08xan2025

Ábrete de orellas
08 de xaneiro 2025
Ábrete de orellas Pepe Cunha

Que ten que ver o blues con Siniestro Total?, ou mesmo con Ábrete de Orellas. Nesta edición producida e conducida como sempre por Pepe Cunha está a resposta.

'Me gusta cómo andas' foi o álbum que publicaron en 1988 os vigueses Siniestro Total, o sexto da banda. Ademais de dar título ao elepé, tamén incluía un track co mesmo título.

Para comezar este 2025, Cunha sérvese dos versos desa canción para facer unha selección de clásicos do blues.

A letra do tema, escrita por Julián Hernández, comeza así: "Esperteime pola mañá, a miña muller foise, non son supersticioso pero un gato negro, cruzouse no meu camiño".

"Gústame como andas, gústame como falas, cando andas a túa andar, cando falas a túa falar...". Agora, a escoitar!