El Escaparate xa está de volta na rede! Atentos todos porque este ano traemos novas moi interesantes: equipo novo, seccións novas… Vamos, que decidimos arriscalo todo. Para este arranque de tempada quixemos falar do Pont-Up, feira de emprendemento que se celebra na cidade de Pontevedra e que está promovida pola Universidade de Vigo. Así que, se estás pensando en crear un negocio de cero, nesta ocasión coñecerás algunhas claves grazas a Borja Rodríguez, CEO de Blue Lion e emprendedor dende hai tempo.
Entre as novas seccións que poderedes atopar nesta nova tempada, hai unha moi especial adicada a #XenteDacolaAquí. Noutras palabras, a todos aqueles estudantes de intercambio que decidiron vir a Pontevedra. Nesta ocasión, estará connosco Jessica, de México.
Queres saber máis? Entón a que estás a esperar para darlle o play?