A chegada de xabarís ás contornas urbanas está a obter notoriedade nas redes sociais e na prensa. Nalgúns lugares como no concello de Lugo xa se dispuxeron medidas de control para evitar estas incursións nas zonas urbanas, pero ningunha administración competente deu explicacións sobre os problemas que estas incursións estaban a xerar para a cidadanía nin tampouco, en que datos se xustifica o sacrificio destes animais. A plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre (Con-Ética) xorde como resposta á alarma que se está a crear na sociedade e a falta de solucións non letais ou cruentas con estes animais.