En pouco máis de un mes, os veciños e veciñas dos concellos de Ordes, Oroso, Frades e Mesía constituíronse na Coordinadora contra a implantacións de parques eólicos na comarca de Ordes ante o anuncio inesperado da instalación de 4 parques eólicos na bisbarra. Esta plataforma pide que a comarca de Ordes se exclúa do Plan Sectorial Eólico Galego por considerar que os parques eólicos son incompatibles co desenvolvemento das actividades vocacionais da zona e que ademais carece de potencial eólico. Recentemente, dirixiuse ao presidente da Xunta para demandar que se declaren nulos de pleno dereito os parques proxectados para Ordes, por someterse a unha tramitación fraudulenta e por basearse nunha documentación ficticia.