Radio Cerna 27feb2019

Radio
27 de febreiro 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

A loita biolóxica para frear a expansión da uña de gato.

Radio Cerna 27feb2019
Radio Cerna 27feb2019

A uña de gato ou carpobrotus edulis ten practicamente colonizada toda a franxa litoral galega. Esta planta sudafricana invasora exerce unha presión negativa nos solos rochosos dos cantís e nos ecosistemas dunares e non é doada de erradicar. Novas investigacións, como a de Cristina Vieites, recomendan a loita biolóxica para frear a súa expansión.