Nesta semana de festas as chuvias e desbordamento de ríos foron as protagonistas e deixaron ao descuberto os lugares e zonas de inundación que foron ocupadas por un urbanismo mal planificado. Tamén se abordaron os distintos xeitos de celebrar o Nadal, desde unha perspectiva turística e consumista como a promovida por Abel Caballero, ata a máis ecolóxica, aconsellada por ADEGA. Estes e outros temas nun novo boletín informativo de Radio Cerna. Escóitao aquí!