O Comité na defensa das Rías Altas convoca unha mobilización o vindeiro domingo na Laracha para demandar a paralización da construción dun campo de tiro olímpico e ao prato en Vilar da Fraga, unha das fragas máis importantes do concello e dos arredores da Coruña. Denuncian ademais o impacto da munición de chumbo que se utilizaría no campo de tiro ao prato sobre o río Anllóns e a súa desembocadura na ría de Corme e Laxe.