Unha das antigas minas que se pretenden reabrir en Galiza é a de San Fins en Lousame. Para poder explotar de novo, Sacyr debe conquerir o permiso de Augas de Galicia para poder verter ao rego San Fins preto de 1 millón de m3 de augas mineiras que se concentran nas vellas balsas. Pero agora a Fiscalía de Medio Ambiente traslada dilixencias ao xulgado para que este investigue se houbo un posible delicto penal na autorización da súa reapertura, á raíz da denuncia de colectivos sociais e ecoloxistas que sinalan que a mina xa está a verter augas ácidas e contaminadas ao rego San Fins, podendo estar prexudicando xa mananciais e a ría de Noia.