Radio Cerna, de Adega, leva a este boletín semanal dúas referencias sobre parques eólicos. Unha sobre os recursos contencioso-administrativos que este colectivo presentou contra varios proxectos "promovidos pola empresa da ex conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato; e outra sobre unha nova medida da Xunta "que pretende saltar a moratoria eólica que o seu goberno aprobou a finais do ano pasado e que beneficiaría ás industrias electrointensivas". (Preme a ligazón para escoitar)