O Museo provincial de Lugo acolleu hai poucos días unha xornada divulgativa sobre o nenúfar e o mexillón do río Miño, organizada pola plataforma "Lugo de Cara ao Miño". O botánico e director do IBADER, Pablo Ramil, foi o encargado de exaltar a singularidade dos nenúfares ou ninfas de río, en concreto o Nymphoides peltata, ou nenúfar amarelo, presente nas beiras do río Miño ao seu paso por Lugo. Os nenúfares dos ecosistemas fluviais están en serio perigo.