ADEGA, xunto cos colectivos Mariña Patrimonio, Cultura do País e Patrimonio de Ancares, lanza a campaña #SalvemosCovasVale. A iniciativa, que foi presentada ao público xeral o pasado venres, trata de protexer de forma integral unhas cavidades naturais de Baralla que se atopan ameazadas por un proxecto mineiro, xa aprobado pola Xunta. ADEGA insta á Dirección Xeral de Patrimonio que rexeite a canteira e proceda a prospectar a fondo os terreos afectados polo proxecto mineiro para confirmar o interese xeolóxico, arqueolóxico, paleontolóxico e, incluso, artístico que agochan estas covas.