Radio Cerna 15nov2017

Radio
15 de novembro 2017
Actualizado: 27 de novembro 2024

Life in Common Land: Primeiro ensaio de pago por servizos ambientais en Galiza.

Radio Cerna 15nov2017
Radio Cerna 15nov2017

Este proxecto europeo, promovido polas universidades de Santiago e A Coruña, xunto coa colaboración da Deputación de Lugo e de 12 concellos, será o primeiro en ensaiar o pago ás comunidades locais polos servizos ambientais dos espazos naturais protexidos. O obxectivo principal do proxecto será a conservación dos brezais e turbeiras protexidas da Serra do Xistral e procurar a compatibilidade cos aproveitamentos tradicionais da zona. Tamén se prevé a eliminación de especies foráneas.