A finais deste mes de maio remata o período voluntario para limpar as faixas de prevención de incendios de vivendas e de vías de comunicación. Os concellos terán que executar subsidiaramente a limpeza se os propietarios/as non o fan, con custos a cargo dos titulares dos predios. Pero, algúns concello cren que é imposible cumprir esta orde por falta de recursos e outras dificultades. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, cre que non hai escusa e que é posible cumprir a norma sempre que a Xunta preste o seu apoio técnico.