Galicia, Asturias e norte de Portugal pretenden recuperar os corredores fluviais dos seus espazos naturais protexidos a través do Life Fluvial, un proxecto transnacional impulsado por diversas institucións de investigación e de goberno que permitirá realizar actuacións de reparación natural nas ribeiras protexidas. Unha desas actuacións será a eliminación de acacias e eucaliptos na ría do Eo. Estará coordinado polo Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER)