Desde finais dos anos 80 os ríos galegos enfróntanse a unha nova ameaza: a ameixa asiática. Desde aquela a súa dispersión polos ríos galegos foi en aumento ata o día de hoxe que semella experimentar un estancamento. Noé Ferreira, investigador da Universidade Vigo, está a facer seguimento desta especie exótica invasora que se ten espallado sobre todo pola bacía do Miño-Sil e que pon en serios apuros aos mexillóns de río autóctonos. Ferreira estudou os factores dos que se beneficia a ameixa asiática para expandirse, non só por Galiza, senón tamén polo norte de Portugal. Con el falamos.