A Confederación Intersindical Galega (CIG) vén de impulsar unha nova Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para promover a reversión á xestión púbica de concesións hidráulicas para o aproveitamento enerxético que teñen máis de 75 anos ou que están a piques de cumprilos. Esta ILP sucede a outra presentada hai 3 anos por unha tarifa eléctrica galega que, finalmente, foi rexeitada polo Partido Popular. O obxectivo de ambas as dúas propostas é que a sociedade galega recupere para a xestión pública concesións enerxéticas privadas que non están a compensar os danos ambientais e sociais que exercen no país. E, coincidindo co ERE de Alcoa, propón a creación dunha tarifa eléctrica especial para a industria electrointensiva.