Para recuperar calquera territorio agredido ambientalmente fan falta recursos, pero sobre todo, vontade. É a lección que nos está a deixar a Comunidade de Montes veciñais de Froxán (Lousame) que vén de sumar a outros recoñecementos pola súa xestión ambiental, o Premio Internacional European Outdoor Conservation Association. Este novo galardón permitirá á comunidade de Froxán recuperar unha turbeira e 20 hectáreas de terreo, agora cobertas de eucaliptos e acacias, con especies arbóreas autóctonas e non invasivas.