A Plataforma Lugo de cara ao Miño insta ao Concello de Lugo a que compita co Club Fluvial lucense polo treito do río Miño do que fixo uso privativo a entidade deportiva durante máis de 60 anos, cuanta Radio Cerna. A concesión do Club Fluvial atópase en trámite de renovación de concesión, durante o cal calquera entidade pode competir por ese espazo de dominio público hidráulico. Lugo de Cara ao Miño cre que esta é unha oportunidade de ouro para recuperar a única zona de baño que ten Miño ao seu paso por Lugo para toda a cidadanía, ademais de ser a solución máis barata, ecolóxica e xusta para dotar Lugo dunha praia fluvial.