A contaminación por nitratos das augas da comarca da Limia aumentou nos últimos tres anos un 39%. Unha inxente cantidade de xurros e puríns, procedentes das granxas de produción intensiva de carne, estanse a acumular sobre o terreo, a cano libre e sen ningún tipo de control, segundo o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL). Radio Cerna entrevista ao voceiro deste colectivo, Manuel García, para coñecer cal é a situación de contaminación que se está a vivir na Limia e que resposta se está a dar por parte das administracións públicas a esta problemática.