Tras 8 anos de incertidume, a Xunta declara o río Gafos de Pontevedra como Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Esta figura de protección ambiental implicará un plan de investimentos por parte do Concello para favorecer a conservación do espazo e a recuperación dos seus valores naturais. A Asociación Vaipolorío foi unha das impulsoras desta iniciativa que agora vén de acadar o seu obxectivo.