Cantante, compositora e instrumentista. O primeiro concerto de Belem Tajes García foi apenas fai sete anos. Empezou co coro Sisters in the house, seguiu con The Zipper, Pesdelán e no 2017 pasou a ser a voz de Luar na lubre,"un soño cumprido" di. Un ano antes comezara o proxecto de Vudú, que agora a piques de terminar o 2018 presenta o seu primeiro disco, tras dous EPs 'Vudú vol III'. Xunto a Maritxinha fan unha nova expresión da música galega que denominan 'soulk'.