Alberto Pazo, condutor do podcast: "Hoxe volvemos gozar coa música do mestre Anthony Phillips. Nunha mostra de versatilidade, os seus traballos dos anos 80, cun cambio notable na súa dirección estilística, lévannos a ambientes sonoros sorprendentes e grandiosos, que gañan enteiros co paso do tempo. Todo un luxo cheo de momentos exquisitos".