18 de outubro 2021

Nas últimas décadas a corrupción política, nas Administracións Públicas e noticia un día si e outro tamén.

Cansos desa ladaíña os políticos "cool" crearon un "contraconcepto": Rápidos, a velocidade dixital espallouse na súa linguaxe un concepto que tenta contrarrestar e detelo San Bieito da corrupción asociada á política: transparencia.

Todo volveuse transparente, diáfano: o patrimonio dos políticos, os ingresos e egresos das institucións públicas, os gastos e ingresos dos Concellos.... todo era, tiña que ser "Transparente".

Tomaron nota moitos diso: a política con transparencias era a moda, case a norma. No terceiro quinquenio do século XX o que non pasaba pola transparencia simplemente, non pasaba.

Soubemos despois, agora mesmo, que a tan amentada transparencia non era tal: moit@s seguían a ser, no mellor dos casos, translucidos e no peor simplemente opacos. É certo que avanzouse, pero despois do pulo inicial a cousa foi a menos diluindose nun acto estético.

Este limiar permíteme afrontar unha reflexión próxima e concreta: o transparencia no Concello de Marín, a transparencia do Partido Polular.

Nada mais chegar o seu portal, o portelo dixital, que é e está destinado a seren o camiño interlocutorio mais cotián entre administración e administrados, convídanos a premer sobre a pestana "Transparencia" e, nela, na de "Transparencia Económica Financeira" aparecen , a día de hoxe, en outubro do 2021, as contas do ano 2017, as do 2018 e... nada mais. Perdeuse no espazo dixital, incompresible e mesmo inmensurable, o que aconteceu no 2019 e no 2020. Un burato negro. Reflicten as ausencias a pose estética e pouco ética das pretendidas políticas de transparencia. Enganase a cidadanía cun comportamento pretenciosamente "Transparente" que agocha neglixencia e desidia.

Non hai – que se saiba – outra explicación. A ocultación por omisión é flagrante. Ocultase unha información que é un compromiso non só ético, é un compromiso, unha obriga que a lei establece de xeito imperativo.

Si ten algo de tempo pode comprobalo na web do concello. "Mergúllese" nela e verá como no ámbito de transparencia as omisións son máis visibles que as presenzas: información de bens de concelleiros escasas, desfasadas, declaracións de rendas... inexistentes, desactualizadas. O mesmo noutros capítulos de gasto ou inversión.

¿Onde está a tan querida transparencia?. Son moito mais notables as ausencias, as ocultacións por omisión ou dolo. Prívannos dunha información que están obrigados a subministrar,  secuestran un dereito – ó da información – que é unha das mellores vacinas para corruptos, corruptelas, e corrupción. 

Un medicamento, a información, que evita e mitiga a infección dunha corrupción sistémica. 

Eu reclamo a miña vacina. Que ó explique a cidadanía quen teña que explicalo. De ser posible, e xa postos a pedir, que o expliquen aqueles que din que "todo vai ben", "que estamos economicamente saneados", etc... etc...

Vacínenme, por favor, señores do Partido Popular.

 

Asdo: Jesús Javier Martínez Epifanio