Dende a asociación ecoloxista de Bueu Anduxía calificamos o anuncio de Portos de Galicia de iniciar a reversión da praia da Banda do Rio como unha gran noticiapara a conservación daspraiasdeBueu.
Neste sentido consideramos que Portos deu un paso na dirección correcta, xa que a praia da Banda Río non pode ter uso portuario e debe estar protexida medioambientalmente para evitar ameazas. Como o recente e innecesario recheo de 80m2 que ven de sufrir esta praia.
Lembramos que esta asociación leva moitos anos loitando pola reversión das praias urbanas de Bueu, con escritos ao Concello e a Portos dende o ano 2013, e alegacións o Plan de Usos Portuarios do Porto de Bueu no 2016, nos que se pedía a reversión das praias da Banda do Rio, Pescadoira, e parte da praia de Beluso.
Agardamos que esta medida se extenda nun futuro tamén a praia de Pescadoira para garantir a conservación deste areal que se atopa na mesma situación administrativa. É decir, esta considera zona portuaria adscrita a Portos de Galicia a pesar de ser unha praia urbana e polo tanto deberia depender de Costas do Estado. Os areais urbanos de Bueu deben deixar de ser zona de uso portuario para que se poida garantir a súa conservación no futuro.
Consideramos moi importante tamén implicación da Dirección Xeral de Costas que en todo momento se interesou en recuperar a esta praia para a xente. E agardamos que ocorra tamén o mesmo coa Praia de Pescadoira.
A alegría no é completa xa que de aprobarse a Lei do Litoral de Galicia que se atopa en tramitación, é absurdamente apoiada polo partidos da oposición galegos, as praias pasaran outra vez a depender da Xunta de Galicia. Con todo, é un paso moi importante para Bueu que a zona oeste da praia da Banda do Rio deixe de considerarse zona portuaria e pase a ser unha praia completa garantindo así súa conservación.